Asociación Galega "Corredor da Henares"

A Asociación Galega “Corredor do Henares” fúndase o 15 de xaneiro de 1977. O 30 de xuño de 1997 é nomeada Centro Colaborador da Xunta de Galicia.

Na actualidade conta con 258 socios, en realidade son máis porque cada un destes socios é unha familia, dos cales 212 son galegos, e o resto son fillos de galegos ou son amigos dos asociados.

Pretendíase reunir nesta asociación a todos os galegos que vivan nas poboacións que se atopan dentro da conca xeográfica do Río Henares e que sociolóxicamente veñen denominándose como “Corredor do Henares”.